Serratia

Serratia é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia das Enterobacteriaceae. A especie máis común do xénero é S. marcescens, que normalmente é a única patóxena e xeralmente causa infeccións nosocomiais (hospitalarias). Porén, hai raras cepas de S. plymuthica, S. liquefaciens, S. rubidaea, e S. odoriferae que poden causar enfermidades infecciosas.[2] Membros deste xénero producen un pigmento vermello característico chamado prodixiosina, e poden distinguirse doutros membros da familia Enterobacteriaceae pola súa característica produción de tres encimas: DNase, lipase, e xelatinase.[3]

Antes pensábase que S. marcescens non era unha bacteria patóxena, ata que se descubriron as súas capacidades infecciosas. Debido ao pigmento vermello que produce, foi moi utilizada para rastrear a transmisión bacteriana e para estudar o asentamento e arrastre da bacteria polas correntes de aire.

  1. Images courtesy of CDC (http://phil.cdc.gov/phil/home.asp) Accessed 07 July 2011.
  2. Basilio J. Anía, M.D. "Serratia". eMedicine. Consultado o 2007-03-14. 
  3. "Serratia". University of Texas at Houston Medical School. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2007. Consultado o 2007-03-14. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search